SEMINARIO “EL PADRE MERINO Y LA FLORA DE GALICIA”

Lourizán, 20 de abril de 2017

O vindeiro 25.04.2017, ás 10.00 horas terá lugar este seminario na Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra

Con motivo do 100 aniversario do falecemento del padre xesuíta Baltasar Merino, na Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra vai ter lugar o seminario “EL PADRE MERINO Y LA FLORA DE GALICIA´´ a cargo de D. Francisco Javier Silva Pando. Xefe do departamento de Ecositemas Forestais.

Baltasar Merino, foi un brillante botánico burgalés afincado en Galicia que faleceu en 1917. Súa é unha das maiores compilacións de plantas realizada nunca en Galicia. O chamado herbario Merino reúne miles de variedades. En 1945 o herbario Merino é cedido ao Centro de Investigación de Lourizán, aínda que unha parte trasládase á Facultade de Bioloxía de Santiago. O labor do pai Merino foi de gran importancia para o coñecemento da flora galega. A súa obra Flora descritiva é ilustrada de Galicia foi reeditada en formato facsímile por La Voz de Galicia en 1980.

Descargar
top